CEN ANOS DE AGARIMOS: Obradoiro de iniciación ao baile galego a cargo de Miguel Barbazán

Auditorio de Galicia . Avenida Burgo das Nacións, 15704, Santiago de Compostela. A Coruña - Ver mapa
Varias datas -
Organizado por CORREVEYDILE
Promoter s 11694008 509990429157497 5192129189705622517 n

selecciona as túas entradas

Venta online cerrada.

Para máis información pregunta ao organizador do evento.

Os datos do organizador están no apartado "Organizado por".

Descripción do evento

Esta actividade está dirixida a toda persoa que queira iniciarse no mundo do baile tradicional. Aprenderemos os ritmos tradicionais do baile solto galego, comezando polos pasos ‘básicos’ para ir incrementando a dificultade gradualmente ata aprender unha coreografía final que bailaremos ao remate do obradoiro. Non será necesario contar con coñecementos previos, só ganas de aprender e de desfrutar coa nosa tradición.

  • Duración: 1 hora e 15 minutos
  • Idade mínima recomendada: 10 anos
  • Aforo máximo: 20 persoas
  • Grao de dificultade: Iniciación


Por favor, antes do obradoiro le con atención as seguintes indicacións:

A crise sanitaria da COVID-19 require que tomemos medidas específicas para as actividades a desenvolver en condicións de seguridade, autoprotección e distanciamiento social. Traballemos unidas para poñerlle freo:

- Non se autorizarán cambios de titularidade, ampliacións, reducións, nin devolucións das entradas reservadas.

- Será obrigatorio o uso da máscara durante toda a duración do obradoiro.

- Limpeza e hixienización de mans antes de acceder ao espazo.

- Lectura detida da sinalética e carteis.

- Especial atención, ademais, ás indicacións do persoal.

- A entrada e saída realizaráse de forma progresiva e escalonada.

- Manterase a separación de seguridade interpersoal de 1,5m.

- Evitarase, na medida do posible, facer grupos en entradas ou saídas que poidan entorpecer o fluxo de circulación das persoas participantes.

- Non asistir ao obradoiro se existen síntomas asimilables á COVID-19. É recomendable tomarse a temperatura antes de acudir á actividade.

- Non se poderá acceder ao recinto con comida.

- A Organización resérvase o dereito a solicitar o desaloxo do espazo daquelas persoas que no cumpran a normativa ou entorpezan o normal desenvolvemento do obradoiro.



Política de acceso

Neste caso o promotor non especificou a política de acceso a menores, se tes calquera dúbida animámoste a que contactes directamente con el.

Galería

Comentarios

1
Espectáculo
Muy bonito!!
Pilar Barcia Mosquera Asistiu o 30/10/2021
Nosotros y nuestros socios utilizamos cookies propias y de terceros con la finalidad de ofrecerte el servicio de manera correcta, medir las visitas que se realizan a nuestra web y, en casos concretos, mostrarte publicidad y permitirte compartir contenidos en redes sociales. Puedes obtener más información sobre las cookies, consultando nuestra Política de Cookies.